Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12487

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (550/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento procedemento ordinario 550/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María González Larrosa contra Fondo de Garantía Salarial, Patricia Outeiro Reboredo sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade número 550/2015.

Demandante: Ana María González Larrosa.

Letrada: Sra. Palla Maceiras.

Demandado: Patricia Outeiro Reboredo.

Letrado:

Fogasa

Sentenza número 36/2018.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2018.

Decido

Admito a demanda formulada por Ana María González Larrosa fronte a Patricia Outeiro Reboredo e, en consecuencia, condeno esta a aboar á primeira a suma total de 79,42 euros líquidos en concepto de débeda salarial, así como o xuro do 10 % da devandita suma.

O Fogasa deberá de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Patricia Otero Reboredo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza