Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12482

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 27 de febreiro de 2018, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 240, do 19 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao terceiro exercicio do proceso selectivo no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 15 de xaneiro de 2018, superaron o terceiro exercicio as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 17,50 puntos. Tal e como establece a convocatoria, non se sumaron as cualificacións das dúas probas de que consta o terceiro exercicio se a cualificación obtida en calquera delas foi inferior a 8,75 puntos, caso en que non se considera superado o exercicio.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de Función Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018

Pablo Leis Mol
Presidente do tribunal