Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12277

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4105/2017 MDM).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4105/2017 desta sección, seguidos por instancia de Transbagal, S.L. contra Ignacio Domínguez Fagúndez, Fondo de Garantía Salarial, Logística Nusa, S.L. e Logística Alaricana, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Sr. López Fernández, actuando en nome e representación da empresa Transbagal, S.L. contra a Sentenza de 30 de maio de 2017, posteriormente aclarada por auto de data 19 de xuño de 2017, ambos os dous ditados polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, en autos 260/2017, seguido por instancia de Ignacio Domínguez Fagúndez contra as empresas Logística Nussa, S.L, Logística Alaricana, S.L, a empresa recorrente, e sendo parte o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a sentenza de instancia.

Impóñense á empresa recorrente as custas causadas neste recurso, con inclusión de 550 euros en concepto de honorarios para a letrada impugnante.

Decrétase a perda do depósito constituído para recorrer. Dese á consignación efectuada o destino legal oportuno.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Logística Nusa, S.L. e Logística Alaricana, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 6 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza