Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12275

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1568/2017-CON).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 1568/2017-CON

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 700/2014 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrentes: Salvador Pérez Vila

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta

Recorridos: Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Granitos Chandecastros, S.L., Construcciones Julio González Souto, S.L., Granitos de Salceda S.L., Helvetia Compañía Suíza, S.A. de Seguros y Reaseguros

Avogado/a: Fidel Díez Udias, María de los Ángeles Seoane Prieto, Rafael Francisco Ruiz Vázquez

Procurador/a: Ricardo García-Piccoli Atanes, José Antonio Castro Bugallo

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1568/2017-CON desta sección, seguido por instancia de Salvador Pérez Vila contra Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Granitos Chandecastros, S.L., Construcciones Julio González Souto, S.L., Granitos de Salceda, S.L., Helvetia Compañía Suíza, S.A. de Seguros y Reaseguros sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Salvador Pérez Vila, contra a sentenza do Xulgado do Social número 5 de reforzo de Vigo, do 16 de novembro de 2016, en autos nº 700/2014, que revogamos en parte, acollemos a súa demanda contra Granitos de Salceda, S.L. e Granitos Chandecastros, S.L., e declaramos o dereito do demandante recorrente a percibir unha indemnización de cento vinte e cinco mil euros (125.000 €), a cuxo pagamento efectivo condenamos mancomunadamente as citadas empresas codemandadas en proporción ao tempo traballado polo demandante para cada unha delas, mantendo a absolución de Julio González Souto e das aseguradoras tamén demandadas acordada na instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Julio González Souto, S.L., expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza