Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12273

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 3735/2017).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 3735/2017

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 165/2013 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: Francisco Vázquez Sieira

Graduado social: Francisco Nazario Diz García

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cubiertas y Mzov S.A., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, José Rey Rodríguez, Antonio Toucedo Torrado, Covaial, S.L., Copedra Canarias, S.L., Constructora Emar y Ordóñez, S.L., Jardín Plan, S.A., Afonso Marrero Samuel, Construcures, S.L., Fuercoyre, S.L., Stella Canaris, S.A., Estructuras Insulares, S.L., Pesado Silva, S.L., Construcciones Infuer, S.L., Salfuer España, S.L., Construcciones Coedo, S.A.

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sonsoles María Sueiro Lemus, María Sol Romero Salgado

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3735/2017 desta sección, seguido por instancia de Francisco Vázquez Sieira contra a empresa Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cubiertas y Mzov, S.A, José Rey Rodríguez, Antonio Toucedo Torrado, Covaial, S.L., Copedra Canarias, S.L., Constructora Emar y Ordóñez, S.L., Jardín Plan, S.A., Afonso Marrero Samuel, Construcures, S.L., Fuercoyre, S.L., Stella Canaris, S.A., Estruturas Insulares, S.L., Pesado Silva, S.L., Construcciones Infuer, S.L., Salfuer España, S.L. y Construcciones Coedo, S.A., sobre accidente, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Francisco Vázquez Sieira, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela do 15 de febreiro de 2017, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Rey Rodríguez, Copedra Canarias, S.L., Constructora Emar y Ordóñez, S.L., Jardín Plan, S.A., Afonso Marrero Samuel, Construcures, S.L., Fuercoyre, S.L., Stella Canaris, S.A., Estructuras Insulares, S.L., Pesado Silva, S.L., Construcciones Infuer, S.L., Salfuer España, S.L. y Construcciones Coedo, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza