Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12279

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DOI 451/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento obxectivo individual 451/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gabriel Rey Sanmartín contra Excavaciones y Obras Públicas Galicia, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Auto.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2018.

Parte dispositiva.

Estímase a solicitude de complemento e engádese un novo feito probado co seguinte contido: “A empresa debe o traballador a liquidación final por importe de 1.467,50 euros”.

Engádese ao ditame a condena á empresa a aboar ao demandante a cantidade de 16.896,37 euros en concepto de indemnización por despedimento procedente e a cantidade de 1.467,50 euros en concepto de liquidación.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones y Obras Públicas Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza