Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12280

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 808/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 808/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Bello Loureda contra Limpintegra XXI, S.L., o Fogasa, a administración concursal de Limpintegra XXI, S.L. (Lexaudit Concursal, S.L.P.), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 808/2017.

Demandante: Jesús Bello Loureda.

Letrado: Sr. Martínez Ramonde.

Demandados: Limpintegra XXI, S.L., administrador concursal de Limpintegra XXI, S.L., Fogasa.

«Sentenza número 79/2018.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2018.

Antecedentes de feito.

Resolución.

Estimo a demanda formulada por Jesús Bello Loureda fronte a Limpintegra XXI, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma total de 4.636,77 euros polos conceptos descritos no feito terceiro da demanda.

O Fogasa e a administración concursal da empresa condenada deberán avirse ao disposto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación da presente resolución.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza