Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12282

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 733/2017).

DOI. Despedimento obxectivo individual 733/2017

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: Daniel Varela Parga

Avogado: José Martín Fontes Neave

Demandados: Nacional 10 Horas, S.L., comité de empresa de Nacional 10 Horas, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 733/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Varela Parga contra a empresa Nacional 10 Horas, S.L., comité de empresa de Nacional 10 Horas, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva:

Acordo que este xulgado é competente para coñecer dos presentes autos.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así o pronuncia, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

O/A maxistrado/a. O/A letrado/a da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma ao comité de empresa de Nacional 10 Horas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza