Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12123

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 1173/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1173/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Vázquez Ben contra Blanco y Suárez 2015, S.L., administración concursal de Blanco y Suárez, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de resolución de contrato, foi interposta por Óscar Vázquez Ben contra a entidade Blanco y Suárez 2015, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a Óscar Vázquez Ben coa entidade Blanco y Suárez 2015, S.L. no día de hoxe (29 de xaneiro de 2018), e condeno a entidade Blanco y Suárez 2015, S.L., ao aboamento á traballadora dunha indemnización a razón de 3.350,93 euros.

Que debo estimar e estimo, a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Óscar Vázquez Ben contra a entidade Blanco y Suárez 2015, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade Blanco y Suárez 2015, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 9.265,83 euros brutos por salarios devindicados entre abril e outubro de 2017, ambos inclusive, así como o xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Blanco y Suárez 2015, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza