Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12121

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (918/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 918/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bethania Margarita Feliz Arias contra a empresa El Disparadero, S.L., con intervención procesual de Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispisitiva din:

Sentenza.

A Coruña, 1 de febreiro de 2018

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 918/2015 sendo parte neste, dun lado como demandante Bethania Margarita Feliz Arias, representada polo letrado Francisco Javier López-Keller Álvarez, e como demandado El Disparadero, S.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, representado pola letrada Rosa Prosper Montalvo, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza.

Decido

Que, estimando en parte a demanda interposta pola demandante Bethania Margarita Feliz Arias, con intervención do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa El Disparadero, S.L. a que aboe á demandante 2.819,12 €, máis o xuro do 10 % por mora respecto da cantidade salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días a contar a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a El Disparadero, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza