Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12124

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 874/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 874/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verísimo José Folgar Fraga contra Intertrans Moncho, S.L., Transportes de Mercancías Personalizados, S.L. (Toppers Santa Cristina, S.L.), Juan José Ruzo Cruz, Transportes Anmansa 2014, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, despois de ser parte o ministerio fiscal, ditouse sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Verísimo José Folgar Fraga, contra as entidades Intertrans Moncho, S.L., Transportes de Mercancías Personalizados, S.L. (Toppers Santa Cristina, S.L.), e Transportes Anmansa 2014, S.L., en consecuencia, debo absolver e absolvo as citadas entidades de todos os pedimentos formulados na súa contra.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Verísimo José Folgar Fraga contra o empresario individual, Juan José Ruzo Cruz e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que a demandante foi obxecto en data do 24 de xullo de 2017, condenando o empresario individual, Juan José Ruzo Cruz, a que no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, co aboamento dos salarios de trámite, desde que se produza a alta médica ata a efectiva readmisión calculados a razón de 49,61 euros/día; ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 409,31 euros.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Verísimo José Folgar Fraga, contra o empresario individual Juan José Ruzo Cruz e, en consecuencia, debo condenar e condeno ao empresario individual Juan José Ruzo Cruz a que aboe ao demandante a cantidade de 366,65 euros brutos pola compensación económica polas vacacións non gozadas no ano 2017, incrementadas no interese do 10 % por moura e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes de Mercancías Personalizados, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza