Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Fenteira ou Chibadeiro, a favor dos veciños do lugar de Asperelo, na parroquia de San Martiño de Asperelo, do concello de Rodeiro (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar con data do 20 de decembro de 2017, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Fenteira ou Chibadeiro a favor dos veciños do lugar de Asperelo, da parroquia de San Martiño de Asperelo, no concello de Rodeiro (Pontevedra), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 29.10.2014 tivo entrada no rexistro de Pontevedra un escrito presentado por Sonia Porto Lamela, enxeñeira de montes, en que solicita a clasificación do monte denominado Fenteira ou Chibadeiro, da parroquia de San Martiño de Asperelo, xuntando informe técnico e pericial, en que se describe o monte, identificación e superficie.

O 26.3.2015 Manuel Cambeiro García, en representación dos veciños de Asperelo, achega diversa documentación complementaria á solicitude inicial: certificación catastral, cos datos da propiedade e de todos os estremeiros, certificado do Concello de Rodeiro e diversas declaracións xuradas dos veciños en que acreditan o uso e aproveitamento da parcela.

Segundo. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra acordou, en sesión de 30 de xuño de 2015, incoar o correspondente expediente de clasificación do devandito monte.

Terceiro. De conformidade co establecido no artigo 20 do Decreto 260/1992, solicítase informe preceptivo do Servizo de Montes, que é remitido ao Xurado o 1.2.2016, no cal se indica en relación coa situación e estado da parcela o seguinte: «A sección de Topografía deste servizo de Montes emite informe o 11 de novembro de 2014 no cal indica que a planimetría achegada permite identificar correctamente o terreo solicitado e que non pertence a ningunha outra das CMVMC presentes nesa parroquia. O monte obxecto desta clasificación ocupa 4,55 ha, dentro da parcela con referencia catastral 36047A120011380000LB (polígono 120, parcela 1138) cunha superficie total de 36,439 ha, segundo o Sixpac. Recentemente houbo unha modificación no catastro que non se trasladou ao Sixpac. Esta modificación consiste na inclusión dunha nova parcela con referencia catastral 36047A120011530000LO (polígono 120, parcela 1153) dentro da superficie solicitada polos veciños de Asperelo. Por tanto, a nova distribución catastral queda do seguinte xeito:

– 36047A120011380000LB (polígono 120, parcela 1138): 34,5314 ha.

– 6047A120011530000LO (polígono 120, parcela 1153): 1,8760 ha.

Feitas as indagacións oportunas, a parcela 1153 incluíuse no Rexistro da Propiedade e posteriormente no catastro a nome de Mª Ángeles Baldonedo Rodríguez (...). Actualmente está dedicada a pasteiro, con peche de arame e postes de formigón (...) o peche perimetral ocupa unha superficie maior á da parcela 1153. O resto da superficie en clasificación está composta por matogueiras de toxo, uces, xestas e pés illados de piñeiro, carballo e bidueiro. Pequenas zonas son aproveitamentos de toxos para o gando. Segundo manifestan os veciños de Asperelo, a parcela obxecto da solicitude ten carácter comunal (...)».

Cuarto. Á vista da documentación presentada polo solicitante e o informe do Servizo de Montes, o monte obxecto do presente expediente, obedece á seguinte descrición:

Concello: Rodeiro.

Parroquia: San Martiño de Asperelo.

Nome do monte: Fenteira ou Chibadeiro.

Superficie: 4,55 ha.

Estremas:

Norte

Polígono

Parcela

Titulares

120

243

José Diéguez Lemos

120

244

Isaura Rodríguez Patao

120

1092

Serafín Rodríguez Patao

120

1093

José González Viana

120

1094

Jaime Montes González

120

1095

Jesús Poutón Pereira

120

1096

Vicenta González Rodríguez

120

1097

Jaime Montes González

120

1098

Elena López Paz

120

1099

Serafín Rodríguez Patao

120

1100

Elena Meijomil Fernández

120

1101

Elena Meijomil Fernández

120

1103

Jesús Poutón Pereira

120

1105

Carmen Cambeiro Meijomil

120

1106

Josefa Lois Daparte

120

1107

Carmen Lois García

120

1108

Carmen Cambeiro Meijomil

120

1109

Jesús Poutón Pereira

120

1110

Amador Albor Blanco

Sur

Polígono

Parcela

Titulares

120

668

Silvino Fernández Bernárdez

120

689

Silvino Fernández Bernárdez

120

696

David Guerra Panadeiros

120

697

Soledad Guerra Panadeiros

120

698

Amadeo Guerra Panadeiros

120

699

María Josefa Blanco Lois

120

700

José Panadeiros Blanco

120

701

José Panadeiros Blanco

120

704

José Rodríguez Jorge

120

1138

Comunal de Asperelo

Leste

Polígono

Parcela

Titulares

120

711

Herdeiros de Andrea Albor Bernárdez

120

712

José Panadeiros Romay

120

713

Carmen Panadeiros Romay

120

714

Manuel Panadeiros Romay

120

715

Ángel Cambeiro Bernárdez

120

716

Carmen Cambeiro Meijomil

120

717

José Rodríguez Jorge

120

1138

Comunal de Asperelo

Oeste

Polígono

Parcela

Titulares

120

1087

José Fernández Jorge

120

1088

Avelino Faílde Rodríguez

120

1089

Avelino Faílde Rodríguez

120

1090

José Fernández Jorge

120

1091

Carmen Rodríguez Pedrouzo

120

1138

Comunal de Asperelo

Quinto. O Rexistrador da Propiedade de Lalín certifica o 19.5.2016 que o monte, tal e como se describe, non figura inscrito nese Rexistro da Propiedade polo Concello de Rodeiro.

Sexto. Unha vez feitas as comunicacións previstas no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, aberto o período de trámite de audiencia a todos os interesados e rematado o prazo de exposición no taboleiro de edictos do concello de Rodeiro, María Ángeles Baldonedo Rodríguez presenta alegacións en contra da clasificación do monte Fenteira ou Chibadeiro, alegando en síntese que:

«A superficie solicitada polos veciños para a clasificación como monte veciñal (...) son da miña propiedade:

A parcela con referencia catastral 36047A120011530000LO.

1º. Trátase dunha parcela pechada nos seus catro ventos mediante postes de formigón e arame; esta parcela consta ao meu nome segundo escritura notarial e está inscrita no rexistro da propiedade.

2º. Que o predio en cuestión ten concedido un cambio de actividade, de forestal a agrícola (adxunto) e o teño sementado de herba e cereal, que utilizo para o pastoreo das ovellas.

3º. O predio tamén dispón dun manancial de auga que nace no propio predio e que utilizo como bebedoiro para os animais, e que teño rexistrado ante o organismo autónomo de Augas de Galicia, con clave DH.B3647248.

A parcela con referencia catastral 36047A120011380000LB.

1º. Esta parcela tamén é da miña propiedade con escritura notarial que se xunta, e que na actualidade estou a esquilmar para posteriormente plantar castiñeiros, mediante as axudas publicadas na Orde do 22 de xuño de 2016 (...). Xunto autorizacións dos trámites que estou a seguir.

2º. Tamén teño que dicir que estou a regularizar administrativamente a situación da parcela, xa que no catastro non figuraba a forma, superficie, nin titular dela (xunto presentación de documentos na Xerencia do Catastro).

As dúas parcelas forman parte de herdanzas familiares de igual medida, e que na actualidade o aproveitamento que fago das dúas parcelas é para autoabastecemento nos labores do campo».

Igualmente, presenta escrito Manuel Cambeiro García en que insta ao Xurado a Clasificación do monte a favor dos veciños de Asperelo por entender que a documentación que presenta avala de xeito suficiente que a parcela 1138 do polígono 120 (4,55 ha), é monte veciñal propiedade dos veciños do lugar de San Martiño de Asperelo; os promotores, durante a tramitación do expediente de clasificación, achegan a seguinte documentación:

1º. O informe pericial técnico, en que se describe a parcela cunha superficie de 4,55 ha, que conforman na súa totalidade unha única parcela sen división ou delimitación interna e, que respecto da inclusión da nova parcela dentro da superficie solicitada (parcela 1153 do polígono 120 de 1,8760 ha), sinala que a dita alteración catastral se produciu con posterioridade á inscrición no Rexistro (outubro 2015), con posterioridade ao acordo de incoación polo Xurado deste expediente de clasificación, polo que incumpre o disposto no artigo 24 do Decreto 260/1992, que dispón: «A iniciación do expediente de clasificación producirá os seguintes efectos: a) Ningún terreo afectado por este poderá ser obxecto de alleamento, división ou gravame ata que o xurado dite a resolución oportuna».

2º. A documentación histórica: o informe pericial elaborado polo historiador Gregorio Casado que, logo do exame e estudo de diversa documentación (catastro do Marqués de la Ensenada, certificado do secretario do Concello de Rodeiro, ficha do comunal de Asperelo, expediente de partilla dos primeiros petrucios no ano 1911, expediente do ano 1923 da partilla de Manuel Fernández Lemos, escrituras privadas de compravenda dos anos 1918, 1971 e 1991 e copia simple dos amillaramentos), conclúe que: «dado que as escrituras examinadas, os rexistros da Administración (catastro de 1957), o certificado expedido polo secretario do Concello de Rodeiro, conteñen datos inequívocos que levan a ter por comunal o anaco de parcela examinado, non cabe dúbida de que se o anaco de parcela 1138 que nos ocupa é sen lugar a dúbidas monte veciñal dos veciños do lugar de Asperelo (coñecido tamén como lugar de San Martiño polos veciños), e que como tal debería ser clasificado, igual, en realidade, que toda a parcela número 1138 (...)».

3º. Declaracións xuradas dos veciños propietarios das parcelas estremeiras co monte Fenteira ou Chibadeiro, incluídos os estremeiros, coa nova parcela catastral, nas cales manifestan que coñecen as estremas do dito monte; que coñecen a titularidade da parcela catastral que estrema con el; que o monte sempre foi aproveitado polos veciños do lugar de San Martiño de Asperelo para o pastoreo e recolla de material para esterco; e que son coñecedores de que desde setembro-outubro de 2015 María Ángeles Baldonedo está facendo unha ocupación de parte del, e que realizou un peche dentro do monte veciñal a pesar de pertencer aos veciños do lugar de Asperelo, con posterioridade á propia incoación do expediente de clasificación.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co artigo 1 do referido texto normativo e o artigo 1 do Decreto 240/1992, do 4 de setembro: «Son montes veciñais en man común e rexeranse por esta lei os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando de xeito consuetudinario en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Así pois, de acordo coa propia dicción literal deste artigo e a abundante xurisprudencia existente na materia, o feito que determina a clasificación ou non como veciñal do monte en vía administrativa é a circunstancia de terse ou non acreditado de forma sólida e fidedigna o aproveitamento consuetudinario en man común pola agrupación veciñal, á marxe das cuestións relativas á titularidade da propiedade e demais dereitos reais, que poderán ser revisadas pola xurisdición ordinaria, segundo resulta do artigo 13 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e da prolixa xurisprudencia que hai ao respecto (así, entre outras, as SSTS do 12.7.1999, 24.4.2000 e 7.2.2001). Daquela, o tema debatido «non debe remitirse a unha confrontación de titulacións e de inscrición, senón ao exame dos distintos elementos que figuran no expediente para chegar a acadar unha convicción nun ou noutro sentido respecto á realidade do aproveitamento» (STSX de Galicia, do 2.11.2000).

Terceiro. Durante a tramitación do expediente os promotores presentan abundante documentación histórica, informe técnico e declaracións xuradas dos veciños que avalan o carácter comunal da parcela; porén, non achegan ningunha proba sólida que xustifique o uso ou aproveitamento mancomunado do monte no que á superficie da parcela con referencia catastral 6047A120011530000LO se refire (polígono 120, parcela 1153), 1,8760 ha.

Así pois, se ben nun pasado máis ou menos remoto, a parcela si puido ser veciñal, tal carácter non o ten na actualidade por canto o aproveitamento que se está a facer é unicamente privativo e non comunal, tal e como pode deducirse das alegacións realizadas e da abundante documentación presentada de adverso (autorización para o cerramento da parcela, solicitude de autorización previa para execución dunha roza de cobertoira dentro da zona zec, autorización de esquilme perimetral e colocación de valado, ao Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, solicitude de cambio de actividade, concesión privativa do manancial de agua por Augas de Galicia, solicitude de fomento da primeira repoboación de terras non agrícolas). En definitiva, en vía administrativa o carácter de comunal do monte desaparece daquelas superficies que foron ou están sendo destinadas a un uso exclusivamente privado ou particular.

En consecuencia, vista a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios, de xenérica e específica aplicación, tendo en conta que no expediente queda acreditado, de xeito efectivo, o aproveitamento veciñal nunha parte da parcela, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Clasificar como veciñal en man común o monte Fenteira ou Chibadeiro a favor dos veciños do lugar de Asperelo, da parroquia de San Martiño de Asperelo, no concello de Rodeiro (Pontevedra), excluíndo da superficie en clasificación a parcela coa referencia catastral 6047A120011530000LO, do polígono 120, parcela 1153, cunha cabida de 1,8760 ha, de acordo co exposto anteriormente.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra