Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Montes de Saiar, a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Saiar, na parroquia de Saiar, do concello de Caldas de Reis (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar con data do 20 de decembro de 2017, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Montes de Saiar a favor dos veciños da CMVMC de Saiar, parroquia de Saiar, no concello de Caldas de Reis (Pontevedra), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 23.8.2013 José Manuel Suárez Gamallo, no nome da CMVMC de Saiar, solicita a clasificación como montes veciñais en man común de varias parcelas de “descoñecidos, aproveitamento veciñal” do proceso de concentración parcelaria de Saiar a favor dos veciños da parroquia de Saiar.

Coa solicitude xunta copia do boletín individual da propiedade das bases definitivas e cartografía en formato dixital.

Segundo. O 28.2.2014 o xefe da Sección de MVMC informa de que se solicita a clasificación de 63 parcelas, que a documentación presentada polo promotor da clasificación é insuficiente e que parte se atopan no perímetro do esbozo do estudo previo de clasificación. O 31.5.2014 José Manuel Suárez Gamallo achega unha nova relación de atribucións por propietario segundo o carácter dos bens, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, que constan a favor de “descoñecidos, aproveitamento veciñal de Saiar”, cun total de 63 parcelas e unha superficie de 40,4181 ha. Así mesmo, xunta relación de estremeiros de todas as parcelas e o arrendamento da parcela 1.724 do polígono 516 da concentración parcelaria a favor de Ibérica de Esponjas Vegetales, S.L.U.

Terceiro. O 13.1.2016 a xefa do Servizo de Montes informa de que a planimetría permite identificar os terreos dos cales se solicita a clasificación, e coa planimetría que existe no Rexistro de MVMC de Pontevedra e a planimetría do instrumento de xestión, as parcelas solicitadas non están clasificadas como veciñais en man común.

Cuarto. O 14.12.2016 o Xurado de Montes Veciñais acorda incoar expediente de clasificación das 63 parcelas e unha superficie de 40,4181 ha, solicitadas a favor dos veciños da parroquia de Saiar. O Xurado de MVMC de Pontevedra nomea instrutora do expediente a Amalia Elsa Pazos Pintos.

Quinto. O 17.4.2017 o xefe de Área de MVMC emite informe preceptivo do Servizo de Montes sobre o aproveitamento actual das 63 parcelas das cales se inicia o expediente de clasificación:

“Revisado o expediente, a solicitude de clasificación corresponde ás parcelas da concentración parcelaria de Saiar en que o nome do propietario é “descoñecidos, aproveitamento veciñal de Saiar”.

Sexto. Á vista da documentación achegada pola comunidade solicitante, os montes obxecto do expediente obedecen á seguinte descrición:

Concello: Caldas de Reis.

Parroquia: Saiar.

Nome do monte: Montes de Saiar.

– Polígono 1.

Parcela: 18. Cabida alegada na solicitude: 3.748 m2.

• Referencia catastral: 36005B501000180000ZS.

Estremas:

Norte: Francisco Cascallar Baltar.

Sur: Mª Ángeles Rojo Vilas.

Leste: pista.

Oeste: José Antonio Oubiña Suárez e outros.

Parcela: 34-1. Cabida alegada na solicitude: 11.879 m2.

• Referencia catastral: 36005B501000340000ZP.

Estremas:

Norte: regato.

Sur: aproveitamento veciñal.

Leste: Eligio Ares Daponte e aproveitamento veciñal.

Oeste: pista.

Parcela: 34-2. Cabida alegada na solicitude: 2.112 m2.• Referencia catastral:------------.

Estremas:

Norte: aproveitamento veciñal.

Sur: Jesús Silva Hermida.

Leste: aproveitamento veciñal.

Oeste: pista.

Parcela: 34-3. Cabida alegada na solicitude: 227 m2.• Referencia catastral:--------------.

Estremas:

Norte: aproveitamento veciñal.

Sur: Jesús Silva Hermida.

Leste: aproveitamento veciñal.

Oeste: aproveitamento veciñal.

Parcela: 43. Cabida alegada na solicitude: 15.672 m2.

• Referencia catastral: 36005B501000430000ZK.

Estremas:

Norte: Eligio Ares Daponte.

Sur: Filomena Castro Pazos.

Leste: Arturo Insua Gándara.

Oeste: pista.

Parcela: 53. Cabida alegada na solicitude: 1.724 m2.

• Referencia catastral: 36005B501000530000ZS.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: Enrique Brea Perdiz.

Leste: Alfredo Pereira Pena.

Oeste: José Álvarez Fariña.

Parcela: 65. Cabida alegada na solicitude: 2.025 m2.

• Referencia catastral: 36005B501000650000ZQ.

Estremas:

Norte: Dolores Santos Iglesias e José A. Fariña Camiña.

Sur: pista.

Leste: Fernando Rodríguez Ferro.

Oeste: Manuel Blanco Rey.

– Polígono 4.

Parcela: 347. Cabida alegada na solicitude: 962 m2.

• Referencia catastral: 36005B504003470000ZL.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: regato.

Leste: pista.

Oeste: Carmen Castro Cimbrelo.

Parcela: 350. Cabida alegada na solicitude: 829 m2.

• Referencia catastral: 36005B504003500000ZL.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: pista.

Leste: descoñecidos.

Oeste: Manuela Ares Vidal.

Parcela: 375. Cabida alegada na solicitude: 235 m2.

• Referencia catastral: 36005B504003750000ZY.

Estremas:

Norte: CMVMC de Saiar.

Sur: María Buceta Buceta.

Leste: CMVMC de Saiar.

Oeste: pista.

– Polígono 5.

Parcela: 398. Cabida alegada na solicitude: 3.294 m2.

• Referencia catastral: 36005B505003980000ZD.

Estremas:

Norte: regato.

Sur: Carmen Candal Cascallar e Encarnación Castaño Freiría.

Leste: regato.

Oeste: Encarnación Castaño Freiría.

Parcela: 423. Cabida alegada na solicitude: 5.617 m2.

• Referencia catastral: 36005B505004230000ZF.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: María Figueiras Ferreiro.

Leste: Otilia García López.

Oeste: pista.

Parcela: 427. Cabida alegada na solicitude: 3.024 m2.

• Referencia catastral: 36005B505004270000ZR.

Estremas:

Norte: Valentina Lemos Mosquera.

Sur: José Aboy Rodríguez.

Leste: Celia Silva Fernández.

Oeste: José Aboy Rodríguez.

Parcela: 435. Cabida alegada na solicitude: 9.660 m2.

• Referencia catastral: 36005B505004350000ZE.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: CMVMC de Saiar.

Leste: José Aboy Rodríguez.

Oeste: Marina García Ferreiro.

– Polígono 6.

Parcela: 471. Cabida alegada na solicitude: 6.515 m2.

• Referencia catastral: 36005B506004710000ZR.

Estremas:

Norte: CMVMC de Saiar.

Sur: Manuel Lemos Bayón.

Leste: pista.

Oeste: CMVMC de Saiar.

– Polígono 7.

Parcela: 573. Cabida alegada na solicitude: 1.531 m2.

• Referencia catastral: 36005B507005730000ZK.

Estremas:

Norte: Luis Camiña Buceta.

Sur: pista.

Leste: Diocese de Santiago.

Oeste: camiño.

Parcela: 608. Cabida alegada na solicitude: 267 m2.

• Referencia catastral: 36005B507006080000ZJ.

Estremas:

Norte: Alejandro García Gándara.

Sur: camiño.

Leste: Manuel Buceta Gándara.

Oeste: camiño.

Parcela: 659. Cabida alegada na solicitude: 7.478 m2.

• Referencia catastral: 36005B507006590000ZL.

Estremas:

Norte: CMVMC de Saiar.

Sur: Marisol Lemos Gómez, Manuel Ferreirós de Castro e Celina Samarco.

Leste: José Luis García Loureiro.

Oeste: pista.

Parcela: 674. Cabida alegada na solicitude: 4.780 m2.

• Referencia catastral: 36005B507006740000ZI.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: regato.

Leste: descoñecidos.

Oeste: regato.

– Polígono 8.

Parcela: 700. Cabida alegada na solicitude: 25.368 m2.

• Referencia catastral: 36005B508007000000ZP.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: pista e Juan Barreira Rodríguez.

Leste: Manuel Lorenzo Gándara, Álvaro Silva Fernández, Celia Silva Fernández, José Luis Silva Fernández, Mª Carmen Silva Fernández, Manuel Luna Rey e Mª Carmen Lorenzo Gándara.

Oeste: pista.

Parcela: 701. Cabida alegada na solicitude: 22.330 m2.

• Referencia catastral: 36005B508007010000ZL.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: pista.

Leste: pista e Susana Luna Betanzos.

Oeste: pista.

Parcela: 745. Cabida alegada na solicitude: 6.335 m2.

• Referencia catastral: 36005B508007450000ZI.

Estremas:

Norte: José García Cascallar e Mª Dolores García Santaya.

Sur: Adorinda González Fernández.

Leste: pista.

Oeste: pista.

Parcela: 751. Cabida alegada na solicitude: 189 m2.

• Referencia catastral: 36005B508007510000ZS.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: Enrique González Crespo.

Leste: pista.

Oeste: pista.

Parcela: 776. Cabida alegada na solicitude: 695 m2.

• Referencia catastral: 36005B508007760000ZX.

Estremas:

Norte: José Mella Recarey e camiño.

Sur: pista.

Leste: Milagros Aboy Martínez.

Oeste: pista.

– Polígono 9.

Parcela: 779. Cabida alegada na solicitude: 1.705 m2.

• Referencia catastral: 36005B509007790000ZK.

Estremas:

Norte: Carlos Doval e Carmen Aboy.

Sur: pista.

Leste: pista.

Oeste: pista.

Parcela: 797. Cabida alegada na solicitude: 20.513 m2.

• Referencia catastral: 36005B509007970000ZA.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: descoñecidos.

Leste: pista.

Oeste: pista.

Parcela: 800. Cabida alegada na solicitude: 7.193 m2.

• Referencia catastral: 36005B509008000000ZY.

Estremas:

Norte: José Antonio Fariña Camiña.

Sur: Elvira Candal.

Leste: pista.

Oeste: pista.

Parcela: 802. Cabida alegada na solicitude: 16.488 m2.

• Referencia catastral: 36005B509008020000ZQ.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: José Antonio Fariña Camiña.

Leste: pista.

Oeste: pista.

Parcela: 804. Cabida alegada na solicitude: 23.618 m2.

• Referencia catastral: 36005B509008040000ZL.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: Carmen Silva Lemos.

Leste: pista.

Oeste: pista.

Parcela: 810. Cabida alegada na solicitude: 1.408 m2.

• Referencia catastral: 36005B509008100000ZM.

Estremas:

Norte: Purificación Martínez García.

Sur: Divina Rios Gándara.

Leste: pista.

Oeste: pista.

Parcela: 819. Cabida alegada na solicitude: 6.150 m2.

• Referencia catastral: 36005B509008190000ZS.

Estremas:

Norte: Joaquina Maquieira.

Sur: pista.

Leste: pista.

Oeste: pista.

– Polígono 10.

Parcela: 856. Cabida alegada na solicitude: 14.339 m2.

• Referencia catastral: 36005B510008560000ZM.

Estremas:

Norte: CMVMC de Saiar.

Sur: regato.

Leste: regato.

Oeste: CMVMC de Saiar.

Parcela: 857. Cabida alegada na solicitude: 7.672 m2.

• Referencia catastral: 36005B510008570000ZO.

Estremas:

Norte: regato.

Sur: Manuela García Cascallar.

Leste: pista.

Oeste: regato.

Parcela: 897. Cabida alegada na solicitude: 6.345 m2.

• Referencia catastral: 36005B510008970000ZI.

Estremas:

Norte: Carmen García Lemos e Manuel Insua Gándara.

Sur: Jesús Froján Alonso, Antonio Ruibal e Serafín Ferreiro.

Leste: pista.

Oeste: pista.

– Polígono 11.

Parcela: 952. Cabida alegada na solicitude: 2.997 m2.

• Referencia catastral: 36005B511009520000ZY.

Estremas:

Norte: Manuel Rey Loureiro.

Sur: pista.

Leste: pista.

Oeste: Manuel Rey Loureiro.

Parcela: 967. Cabida alegada na solicitude: 5.500 m2.

• Referencia catastral: 36005B511009670000ZX.

Estremas:

Norte: José Rodríguez Oubiña e Gonzalo Loureiro Calveira.

Sur: pista.

Leste: Teresa Crespo González.

Oeste: Manuela Pena Rey e Mercedes Casal Pena.

Parcela: 1027. Cabida alegada na solicitude: 5.230 m2.

• Referencia catastral: 36005B511010270000ZG.

Estremas:

Norte: Serafín Ferreiro Magariños.

Sur: pista.

Leste: pista.

Oeste: Javier Guimarey Figueira.

Parcela: 1036. Cabida alegada na solicitude: 6.361 m2.

• Referencia catastral: 36005B511010360000ZM.

Estremas:

Norte: Esmeralda García Lemos.

Sur: Alfredo Pereira Pena e Francisco García Cascallar.

Leste: Benedicta Calveira Mosquera.

Oeste: pista.

– Polígono 12.

Parcela: 1065. Cabida alegada na solicitude: 3.658 m2.

• Referencia catastral: 36005B512010650000ZA.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: regato e Dolores García Cascallar.

Leste: pista.

Oeste: regato.

Parcela: 1084. Cabida alegada na solicitude: 514 m2.

• Referencia catastral: 36005B512010840000ZD.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: Serafín Luna Rey.

Leste: Serafín Luna Rey.

Oeste: pista.

Parcela: 1088. Cabida alegada na solicitude: 8.582 m2.

• Referencia catastral: 36005B512010880000ZE.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: pista.

Leste: pista.

Oeste: Serafín Luna Rey.

– Polígono 13.

Parcela: 1238. Cabida alegada na solicitude: 530 m2.

• Referencia catastral: 36005B513012380000ZP.

Estremas:

Norte: José Manuel Martínez Vázquez.

Sur: pista.

Leste: pista.

Oeste: pista.

– Polígono 14.

Parcela: 1340. Cabida alegada na solicitude: 6.092 m2.

• Referencia catastral: 36005B514013400000ZB.

Estremas:

Norte: CMVMC de Saiar.

Sur: pista.

Leste: pista.

Oeste: María Caldas Martínez.

Parcela: 1486. Cabida alegada na solicitude: 1.726 m2.• Referencia catastral:-----------.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: José Brea Perdíz e María Brea Perdíz.

Leste: José Lorenzo Gómez, Manuela González Gándara e Blandina Luna Betanzos.

Oeste: Serafín Buceta Gándara e Adorinda Cunqueiro Alfonsín.

Parcela: 1518. Cabida alegada na solicitude: 625 m2.

• Referencia catastral: 36005B514015180000ZE.

Estremas:

Norte: Pilar Fuentes Panadero.

Sur: María García Lemos.

Leste: pista.

Oeste: Manuela Magariños López.

– Polígono 15.

Parcela: 1568. Cabida alegada na solicitude: 2.900 m2.

• Referencia catastral: 36005B515015680000ZA.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: Marie France Lorenzo Abalo.

Leste: pista.

Oeste: Marie France Lorenzo Abalo e Jesús Álvarez Paz.

Parcela: 1578. Cabida alegada na solicitude: 85 m2.

• Referencia catastral: 36005B515015780000ZT.

Estremas:

Norte: Angélica Eirea Brea.

Sur: pista.

Leste: pista.

Oeste: pista.

Parcela: 1678. Cabida alegada na solicitude: 1.528 m2.

• Referencia catastral: 36005B515016780000ZO.

Estremas:

Norte: José Fernández García.

Sur: Delfina Camiña Martínez.

Leste: pista.

Oeste: regato.

– Polígono 16.

Parcela: 1704. Cabida alegada na solicitude: 45 m2.

• Referencia catastral: 36005B516017040000ZA.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: Gervasio Alonso Abuín.

Leste: Alicia Caldas Suárez.

Oeste: Gervasio Alonso Abuín.

Parcela: 1714. Cabida alegada na solicitude: 1.336 m2.

• Referencia catastral: 36005B516017140000ZT.

Estremas:

Norte: Otilia Silva González.

Sur: Carmen Giraldez Cunqueiro.

Leste: pista.

Oeste: Carmen Giráldez Cunqueiro.

Parcela: 1721. Cabida alegada na solicitude: 43.908 m2.

• Referencia catastral: 36005B516017210000ZK.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: pista.

Leste: pista.

Oeste: pista.

Parcela: 1724. Cabida alegada na solicitude: 16.896 m2.

• Referencia catastral: 36005B516017240000ZX.

Estremas:

Norte: Emilio Lagos Gándara.

Sur: Carmen Gil Carou.

Leste: regato (Rego Cardín).

Oeste: pista.

Parcela: 1.823. Cabida alegada na solicitude: 3.526 m2.

• Referencias catastrais: 36005B516018230000ZJ - 36005B516018230001XK.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: Santiago Luna Fernández.

Leste: pista.

Oeste: Úrsula Luna.

Parcela: 1824. Cabida alegada na solicitude: 1.829 m2.

• Referencia catastral: 36005B516018240001XR.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: Ramón Barros Monteagudo e Otilia Pereira Buceta.

Leste: Dolores Santos Iglesias.

Oeste: Ana Luna Fresco e pista.

– Polígono 17.

Parcela: 1951. Cabida alegada na solicitude: 146 m2.

• Referencia catastral: 36005B517019510000ZM.

Estremas:

Norte: Manuel Otero Gándara.

Sur: María Panadero Trigo.

Leste: Manuel Otero Gándara.

Oeste: pista.

– Polígono 18.

Parcela: 2046. Cabida alegada na solicitude: 243 m2.

• Referencia catastral: 36005B518020460000ZS.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: regato.

Leste: Ramón Gómez Vila.

Oeste: Mª Carmen Lemos Villadeamigo.

Parcela: 2072. Cabida alegada na solicitude: 3.482 m2.

• Referencia catastral: 36005B518020720000ZR.

Estremas:

Norte: regato (río Barral).

Sur: Carmen Pérez, pista, Dolores Hermida Vila e Mª Carmen Pérez Fontán.

Leste: regato (río Barral).

Oeste: regato (río Barral).

– Polígono 19.

Parcela: 2135. Cabida alegada na solicitude: 5.828 m2.

• Referencia catastral: 36005B519021350000ZT.

Estremas:

Norte: Isabel Lois Lorenzo.

Sur: Mª Carmen Lemos Villadeamigo.

Leste: Elvira Vila e masa común.

Oeste: pista, Andrés Trigo Gorís e José Luis Martínez Touceda.

Parcela: 2140. Cabida alegada na solicitude: 437 m2.

• Referencia catastral: 36005B519021400000ZM.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: José Mª Luna Mosquera e Ana Rivas Ameal.

Leste: pista.

Oeste: pista.

– Polígono 20.

Parcela: 2210. Cabida alegada na solicitude: 32.735 m2.

• Referencia catastral: 36005B520022100000ZG.

Estremas:

Norte: antiga vía do tren.

Sur: pista.

Leste: pista.

Oeste: CMVMC de Saiar.

Parcela: 2226. Cabida alegada na solicitude: 2.143 m2.

• Referencia catastral: 36005B520022260000ZJ.

Estremas:

Norte: Obdulia Morales Lorenzo, José Abalo Abollo, Amador Rojo Vilas e Antonio Senín.

Sur: río Umia.

Leste: regato.

Oeste: Manuel Mondelo Rey.

– Polígono 21.

Parcela: 2339. Cabida alegada na solicitude: 1.888 m2.

• Referencia catastral: 36005B521023390000ZA.

Estremas:

Norte: pista.

Sur: regato (río Barral).

Leste: José Ares.

Oeste: descoñecidos.

Parcela: 2358. Cabida alegada na solicitude: 1.578 m2.

• Referencia catastral: 36005B521023580000ZD.

Estremas:

Norte: José Ares Daponte.

Sur: regato (río Barral).

Leste: estrada N-640.

Oeste: pista.

Os datos referentes á dita concentración que constan na páxina web da Xunta de Galicia son:

Municipio e provincia: Caldas de Reis-Pontevedra. Superficie: 947,2725 hectáreas.

Nome da zona: Saiar. Número de propietarios: 1.030.

Data de aprobación do decreto: 12.7.1996 (DOG do 30 de xullo). Número de parcelas (antigas): 13.426.

Última fase aprobada: acordo. Número de predios (novos): 2.423.

Data de aprobación das bases definitivas: 3.6.1999 (DOG do 28 xuño).

Data da firmeza das bases: 14.6.2002.

Data de aprobación do acordo: 8.3.2005 (DOG do 28 de xuño).

Data do aviso de toma de posesión provisional: DOG do 2.8.2007.

Sétimo. O Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis certifica que os predios dos cales se insta a clasificación, tal e como se describen na solicitude de expedición de certificación, non se atopan inscritos no Rexistro. Ordénanse as anotacións preventivas no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis, notifícase o trámite de audiencia, publícase o edicto no Concello de Caldas de Reis e no DOG, o anuncio do 30 de maio de 2017 de iniciación da clasificación dos montes de Saiar a favor da CMVMC de Saiar (DOG núm. 113, do 15 de xuño).

Oitavo. O 12.5.2017 Julia Chivite Mosquera, en representación da CMVMC de Bemil, achega alegacións ao expediente de clasificación de Saiar, e reitéraas o 8.9.2017:

«... A CMVMC de Bemil é parte interesada no procedemento como consecuencia da modificación solicitada por esa parte no expediente de referencia 560/2016 contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Saiar (Caldas de Reis-Pontevedra), leváronse a cabo unha serie de modificacións sen que esta parte, no prazo de dez días hábiles para alegacións, facilitado para tal fin, puxese reparo ningún.

Dar de alta como propietario da zona ao MVMC de Bemil número 1.137 e incluír nas súas achegas as parcelas números 48 e 55 do polígono 1 de bases definitivas.

Incluír nas súas atribucións a leira 858-1, cunha superficie de 11.650 m2 e un valor de 407.750 puntos.

Tendo en conta das modificacións e á vista da clasificación do monte veciñal instada pola CMVMC de Saiar, que incluía os citados predios, esta parte vén solicitar que non se admita a clasificación ao respecto dos predios antes descritos, xa atribuídos á CMVMC de Bemil e que é, por tanto, a única titular deles».

Noveno. O 12.7.2017 José Manuel Suárez Gamallo, en nome da CMVMC de Saiar, achega de xeito telemático documentación que acredita un uso e posesión por parte dos veciños da parroquia de Saiar das parcelas de que se solicita a clasificación. Xunta certificación nominal do Catastro da súa titularidade, permisos de corta, autorizacións de limpeza de predios, exención do IBI do centro cultural e cambios de actividade.

O 12.9.2017, José Manuel Suárez Gamallo en nome da CMVMC de Saiar presenta un escrito en resposta á alegación da CMVMC de Bemil, e reitérao o 18.10.2017:

«Que non estamos de acordo con que a CMVMC de Bemil se teña como parte interesada porque o terreo que pretendían foille adxudicado por parte da parcelaria e ademais non está incluído nas parcelas que estamos a clasificar, polo que non teñen nada que ver con este expediente de clasificación. O terreo que reclaman está incluído na parcela 858 do polígono 10, tal e como se recoñece no escrito que presentaron, e esa parcela non está incluída na relación de parcelas en clasificación».

Décimo. O 23.10.2017 Julia Chivite Mosquera en representación da CMVMC de Bemil, á vista do escrito da CMVMC de Saiar, informa o Xurado de MVMC de Pontevedra de que se aparta do procedemento de clasificación.

Décimo primeiro. O 2.11.2017 solicito aclaración ao Servizo de Infraestruturas Agrarias da diferenza de superficies dos predios 34-1, 34-2, 34-3 e 43 do polígono 501 coa superficie gráfica catastral. O 6.11.2017 informa de que o 8 de maio de 2012 o director xeral de Desenvolvemento Rural ditou resolución pola que se modifica o acordo dos ditos predios.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co artigo 1 do referido texto normativo e o artigo 1 do Decreto 240/1992, do 4 de setembro: «Son montes veciñais en man común e rexeranse por esta lei os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando de xeito consuetudinario en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Deste xeito, para que un monte sexa declarado veciñal en man común o aproveitamento debe quedar acreditado non só no pasado, senón tamén no presente e de forma continuada. Así o establece o antedito artigo 1 da Lei 13/1989 e as diversas resolucións xudiciais que o interpretan, concluíndo que o decisivo para a inclusión dun monte na categoría de veciñal en man común é que resulte acreditado o aproveitamento mancomunado dos montes polos veciños promotores de xeito continuado.

Terceiro. O uso ou aproveitamento en man común das 63 parcelas da concentración parcelaria da zona de Saiar atribuída a descoñecidos, aproveitamento veciñal de Saiar, queda suficientemente acreditado de xeito documental.

Finalmente, o feito de que durante a tramitación do expediente non consten alegacións á clasificación como MVMC de terceiros que acrediten un uso privativo destas parcelas demostra que existe un aproveitamento público, pacífico e continuado en común por parte dos veciños da parroquia de Saiar, do concello de Caldas de Reis (a CMVMC de Bemil desistiu da súa alegación inicial).

En consecuencia, vista a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Clasificar como veciñal en man común as 63 parcelas (superficie total 40,9166 ha) dos montes de Saiar a favor dos veciños da CMVMC de Saiar, da parroquia de Saiar, do concello de Caldas de Reis, de acordo coa descrición reflectida no antecedente de feito sexto e a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes e que forma parte inseparable da presente resolución.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Pontevedra, 7 de febreiro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra