Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10714

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (994/2015).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber que neste órgano xudicial se tramitan autos sobre familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 994/2015, seguidos por instancia de Verónica González Rodríguez contra Juan Manuel Rodríguez Urien, nos cales se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza número 40/18

En Ourense o dezanove de xaneiro de dous mil dezaoito.

Lucía Isabel Yebra-Pimentel López, xuíza de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos número 994/2015, sobre garda, custodia e alimentos de fillo menor non matrimonial, promovidos por Verónica González Rodríguez, representada pola procuradora María González Nespereira e asistida polo letrado Miguel Ángel González González, contra Juan Manuel Rodríguez Urien, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora dos tribunais María González Nespereira, en nome e representación de dona Verónica González Rodríguez, contra Juan Manuel Rodríguez Urien.

En consecuencia, acordo as seguintes medidas relativas ao menor Uriel Rodríguez González:

1. Suspéndese o pai no exercicio de patria potestade.

2. Atribúese á nai a garda e custodia.

3. Non se establece réxime de visitas e estadías a favor de pai.

4. Establécese que o pai deberá aboar dentro dos cinco primeiros días de cada mes e na conta que a nai designe para o efecto a cantidade de 120 euros en concepto de pensión de alimentos.

5. Así mesmo, o pai deberá satisfacer o 50 % dos gastos extraordinarios. Estes últimos dividiranse en necesarios (gastos médicos e sanitarios non cubertos pola Seguridade Social ou mutualidade que corresponda) e non necesarios. Os segundos só serán exixibles ao proxenitor que consentise o correspondente gasto.

Decláranse de oficio as custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal para a súa posterior resolución pola Audiencia Provincial de Ourense.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría.

E para que así conste e sirva de notificación ao demandado Juan Manuel Rodríguez Urien, en paradoiro descoñecido, e para a súa colocación no taboleiro de anuncios do xulgado, expido o presente edicto.

Ourense, 19 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza