Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10716

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (837/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 837/2015, por instancia de Juan López Garea contra Kreta Expansión, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data do 23 de xaneiro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Estímase a demanda interposta por Juan López Garea contra a empresa Kreta Expansión, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase a empresa Kreta Expansión, S.L. a aboar a Juan López Garea a cantidade de sete mil seiscentos trinta e seis euros con dez céntimos de euro (7.636,10 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Kreta Expansión, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza