Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 829/2015, por instancia de Francisco Javier Otero Iglesias contra a empresa Tapiz Hogar, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data do 23 de xaneiro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Decisión:
Estímase a demanda interposta por Francisco Javier Otero Iglesias contra a empresa Tapiz Hogar, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
Condénase a empresa Tapiz Hogar, S.L. a aboar a Francisco Javier Otero Iglesias a cantidade de tres mil doce euros con noventa e seis céntimos de euro (3.012,96 euros).
Notifíqueselles esta resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Tapiz Hogar, S.L., expido e asino este edicto.
A Coruña, 30 de xaneiro de 2018
A letrada da Administración de xustiza