Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10718

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (200/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 200/2015, por instancia de José Antonio Cancela Viña contra a empresa Regal Tempo, S.L., a Empresa Municipal de Vivienda, Servicios y Actividades, Sociedad Anónima, a mercantil Ferrovial Agromán, S.A., a UTE Ferrovial Agromán, S.A. e Construcciones López Cao, S.L., Unión Temporal de Empresas (ampliación piscina de Arteixo-UTE), a mercantil Construcciones López Cao, S.L., a UTE Construcciones López Cao, S.L. e Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L., Unión Temporal de Empresas UTE Conchiñas, a mercantil Atlántica de Construcciones y Medio Ambiente, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, en que se ditou sentenza con data do 24.1.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase parcialmente a demanda interposta por José Antonio Cancela Viña fronte a Regal Tempo, S.L., UTE Ferrovial Agromán e Construcciones López Cao, S.L. Unión Temporal de Empresas (ampliación piscina de Arteixo UTE), Ferrovial Agromán, S.A, Construcciones López Cao, S.L., UTE Construcciones López Cao, S.L. e Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L. Unión Temporal de Empresas, UTE Conchiñas Atlántica de Construcciones y Medio Ambiente, S.L., empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades, Sociedad Anónima, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvese a Empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades, Sociedad Anónima das pretensións dirixidas contra ela.

– Condénase a empresa Regal Tempo, S.L. a aboar a José Antonio Cancela Viña as seguintes cantidades:

• 1.271,01 euros correspondentes ao salario de novembro de 2014, con responsabilidade solidaria da UTE Construcciones López Cao, S.L. e Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L. Unión Temporal de Empresas, UTE Conchiñas, Construcciones López Cao, S.L. y Atlántica de Construcciones y Medio Ambiente, S.L. en relación con 169,44 euros, e da UTE Ferrovial Agromán e Construcciones López Cao, S.L. Unión Temporal de Empresas (ampliación piscina de Arteixo UTE), Ferrovial Agromán, S.A. e Construcciones López Cao, S.L. en relación con 889,56 euros.

• 508,32 euros correspondentes ao salario de decembro de 2014, do cal responderán solidariamente por importe de 508,32 euros a UTE Ferrovial Agromán e Construcciones López Cao, S.L. Unión Temporal de Empresas (ampliación piscina de Arteixo UTE), Ferrovial Agromán, S.A. e Construcciones López Cao, S.L.

• 1.063,83 euros correspondentes á parte proporcional da paga extraordinaria de 2014, da cal responderán solidariamente UTE Construcciones López Cao, S.L. e Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L. Unión Temporal de Empresas, UTE Conchiñas, Construcciones López Cao, S.L. e Atlántica de Construcciones y Medio Ambiente, S.L. por importe de 66,44 euros.

• 880,74 euros en concepto de vacacións devindicadas e non desfrutadas.

• 785,46 euros en concepto de indemnización por fin de contrato.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Regal Tempo, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza