Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10712

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3225/2017-MBL).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3225/2017-MBL.

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 347/2012. Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

Recorrente: Carmen Moraña Durán

Graduado social: Juan Alberto Campos Couso

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Celso Canario e Hijos, S.L., Mutua La Fraternidad Muprespa, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social número 275, Admón. Concursal de Celso Canario e Hijos (Elisa Salinas Márquez)

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Juan Carlos Vázquez García

Procuradora: Concepción Pérez García

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3225/2017 desta sección, seguido por instancia de Carmen Moraña Durán contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Celso Canario e Hijos, S.L., Mutua La Fraternidad Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social número 275, Admón. Concursal de Celso Canario e Hijos (Elisa Salinas Márquez), sobre accidente, ditouse a seguinte resolución:

«Que, estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto por Carmen Moraña Durán contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra do 5 de xuño de 2017, en autos 347/2012, sobre continxencia de viuvez, que revogamos, e estimando en parte a demanda, declaramos que a pensión de viuvez recoñecida á demandante debe ser calculada sobre unha base reguladora de 1.447,85, incrementándose a pensión coas melloras ou revalorizacións habidas para as pensións de viuvez desde a data do feito causante da pensión de IPT do falecido cónxuxe da demandante, ata a data de falecemento do causante, e condenamos o INSS ao seu aboamento, mantendo a absolución do resto dos codemandados.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Celso Canario e Hijos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza