Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 9973

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (25/2015).

Virginia González Benedidt, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, polo presente, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Soledad Soto Miguéns fronte a Rafael Romero Leiro ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva din o seguinte:

Sentenza nº 167/2017.

Vilagarcía de Arousa, 11 de decembro de 2017.

Vistos por Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 desta cidade, os autos de garda, custodia, réxime de visitas e alimentos tramitados neste xulgado co número 25/2015, por instancia de Soledad Soto Miguéns, representada pola procuradora Sra. Pereira Rodríguez, e asistida polo letrado Sr. Casado-Iruela Martín, contra Rafael Romero Leiro, declarado en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decisión:

Que estimando a demanda formulada pola procuradora Sra. Pereira Rodríguez, en nome e representación de Soledad Soto Miguéns, contra Rafael Romero Leiro, establezo, con carácter definitivo, as seguintes medidas:

I. Atribúeselle á nai a garda e custodia do menor Rafa Soto Miguéns con exercicio conxunto da patria potestade por ambos os proxenitores, na forma establecida no artigo 156 do Código civil.

II. Non se establece réxime de visitas a favor do pai.

III. Establécese unha pensión de alimentos a favor do fillo, a cargo do pai, de 300 euros mensuais, que será aboada desde a data de interposición da demanda, 20 de decembro de 2015, por meses anticipados, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta que designe a nai, e será actualizada anualmente de acordo coa variación do IPC publicado polo INE ou organismo que o substitúa.

IV. Os gastos extraordinarios serán aboados por metade por ambos os proxenitores. Terán tal consideración os gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social.

Non se fai condena en costas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, e fágaselles saber que non é firme, e que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, por medio dun escrito que deberán presentar neste xulgado, nun prazo de vinte días desde a súa notificación. Para a interposición do recurso será necesario constituír un depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, de conformidade co que establece a disposición adicional décimo quinta da LOPX, que será requisito para a súa admisión.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza deste xulgado e do seu partido xudicial.

E encontrándose o dito demandado, Rafael Romero Leiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vilagarcía de Arousa, 24 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza