Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 9972

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (ETX 69/2017).

Execución de títulos xudiciais 69/2017

Procedemento de orixe: xuízo verbal 221/2014

Sobre: outras materias

Executante: Carmen Dios Romero

Procuradora: María Soledad Sánchez Silva Abogado: Arturo Rafael Vede Calvelo

Executado: Manuel Sabino Dios Buela

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que nos autos de execución de título xudicial 69/2017, promovido por Carmen Dios Romero, representada pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva e asistida polo letrado Rafael Vede, contra Sabino Dios Buela, en situación de rebeldía procesual, ditou auto José María Fernández Abella, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón. Contra a dita resolución cabe recurso de apelación no prazo de 20 días.

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, mediante o presente notifícaselle a Sabino Dios Buela, en paradoiro descoñecido e a quen, así mesmo, se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro das mencionadas resolucións mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 11 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza