Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 9970

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo

EDICTO de notificación de resolución (monitorio 322/2016).

Eu, Raimundo Díaz Valcarce, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo,

Anuncio:

Que no presente procedemento seguido por instancia de Salus Inversiones y Recuperaciones, S.A. contra Eliane Cristina dos Santos Delgado foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Decreto número 25.

Letrado da Administración de xustiza: Raimundo Díaz Valcarce.

Mondoñedo, 14 de febreiro de 2017.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Salus Inversiones y Recuperaciones, S.A. presentou solicitude inicial de procedemento monitorio dirixida contra Eliana Cristina dos Santos Delgado, en reclamación de 2.236,55 euros.

Segundo. Admitida a trámite a solicitude, acordouse requirir a parte debedora para que no prazo de vinte días pagase ao acredor a cantidade reclamada ou, noutro caso, presentase escrito de oposición alegando sucintamente as razóns para non o facer. Transcorreu o prazo concedido sen que a parte debedora comparecese nin presentase escrito formulando oposición ou demostrando o aboamento.

Parte dispositiva.

Acordo:

1. Arquivar o presente procedemento monitorio instado pola entidade Salus Inversiones y Recuperaciones, S.L., contra Eliana Cristina dos Santos Delgado.

2. Dar traslado á parte demandante a fin de que presente demanda de execución, no caso de que desexe proceder ao despacho desta.

3. Notificar a presente resolución ás partes advertíndolles que, se mudaren de domicilio, deberano comunicar inmediatamente ao órgano xudicial.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe interpor recurso de revisión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, mediante escrito en que se deberá citar a infracción en que a resolución incorreu.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que, en ningún caso, proceda actuar en sentido contrario ao que se tiver resolto (artigo 454.bis da LAC).

Así o acordo e asino. Dou fe.

O letrado da Administración de xustiza».

E encontrándose a devandita demandada, Eliane Cristina dos Santos Delgado, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Mondoñedo, 29 de decembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza