Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 9975

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (21/2015).

Procedemento orixe: /

Sobre paternidade

Ministerio Fiscal, Patricia Tibes Xabier

Procuradora: Rosa Gardenia Montenegro Faro

Avogado: Roberto Adán Allo

Demandado: Manuel José Collazo Fernández

Virginia González Benedit, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, por medio deste,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Patricia Tibes Xabier fronte a Manuel José Collazo Fernández ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva din o seguinte:

«Sentenza número 108/2016.

Vilagarcía de Arousa, 19 de setembro de 2016.

Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 desta cidade, viu os autos de xuízo verbal de filiación, tramitados por este xulgado con número 21/2015, por instancia de Patricia Tibes Xavier, representada pola procuradora Sra. Montenegro Faro, e asistida polo letrado Sr. Adán Allo, contra Manuel José Collazo Fernández, declarado en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decisión.

Que debo desestimar e desestimo a demanda formulada pola procuradora Sra. Montenegro Faro, en nome e representación de Patricia Tibes Xavier, contra Manuel José Collazo Fernández.

Non se fai condena en custas.

Notifíqueselles esta resolución ao Ministerio Fiscal e ás demais partes, e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, por medio dun escrito que deberán presentar neste xulgado nun prazo de 20 días desde a súa notificación. Para a interposición do recurso será necesario constituír un depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, de conformidade co que establece a disposición adicional décimo quinta da LOPX, que será requisito para a súa admisión.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza deste xulgado e do seu partido xudicial».

E estando o dito demandado, Manuel José Collazo Fernández en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vilagarcía de Arousa, 24 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza