Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 9977

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 293/2017).

PO. Procedemento ordinario 293/2017

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandantes: Ramiro Ríos Fernández, María Jesús Romero Charlín, María José Losada Vidal

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Horticultores del Umia, S.A.T.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 293/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramiro Ríos Fernández, María Jesús Romero Charlín e María José Losada Vidal contra a empresa Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Horticultores del Umia, S.A.T., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta.

«Resolvo:

Estimando parcialmente a demanda interposta por Ramiro Ríos Fernández, María Jesús Romero Charlín e María José Losada Vidal contra a empresa Horticultores del Umia, S.A.T., condeno a demandada a que lles aboe aos demandantes a cantidade de 2.436,06 euros máis o 10 % en concepto de xuros por mora.

Con intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establece o artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS), que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións”, co número 5081, e especificar a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Horticultores del Umia, S.A.T., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza