Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9213

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (ETX 138/2017).

Eu, Rafael González Alio, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 138/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Iván Seijas Piñeiro contra a empresa Héctor José Carballo López, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva.

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Iván Seijas Piñeiro coa empresa Héctor José Carballo López e condénase a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome do traballador: Iván Seijas Piñeiro.

Indemnización: 6.137,07 euros (seis mil cento trinta e sete euros con sete céntimos).

Salarios: 16.337,20 euros (dezaseis mil trescentos trinta e sete euros con vinte céntimos).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, conta número 2322 0000 64 0138 17.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Héctor José Carballo López, en ignorado paradoiro, expido este edicto para inserir no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 17 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza