Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9215

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 161/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 161/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Janete Lopes Pimentel contra Mont Parnasse, S.L., Paradela Restauración, S.L., Parada Da Goulla, S.L., Georgialar, S.L., Area De Descanso Paradela, S.L. sobre ordinario, se ditou auto de data 16.1.2014 impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Mont Parnasse, S.L., Paradela Restauración, S.L., Parada Da Goulla, S.L., Georgialar, S.L., Area De Descanso Paradela, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza