Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9212

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (444/2017).

Eu, Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, por este edicto

Anuncio:

No presente procedemento verbal número 444/2017, seguido por instancia da mercantil Dragon Rapide, S.L. contra Montserrat Couto González e Roberto Emilio Nieves, ditouse a sentenza cuxa parte dispositiva literalmente di:

«Resolvo.

Estimando integramente a demanda interposta pola mercantil Dragon Rapide, S.L. contra Montserrat Couto González e Roberto Emilio Nieves, debo condenar e condeno estes a lle aboar en forma solidaria á demandante a suma de 2.290 euros máis os xuros desde a reclamación xudicial, así como ao pagamento das custas.

Modo de impugnación. Contra esta sentenza non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Ao estaren os ditos demandados en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Vigo, 15 de decembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza