Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9211

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (57/2017).

Procedemento ordinario 57/2017

Procedemento de orixe: /

Sobre outras materias

Demandante: Caixabank, S.A.

Procurador: José Manuel González-Puelles Casal

Avogado: Manuel Medina González

Demandado: Antonio González González

Marta de la Rubia Almuiña, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, por medio do presente edicto fai saber que no presente procedemento seguido por instancia de Caixabank, S.A., representada polo procurador José M. González-Puelles Casal, fronte a Antonio González González se ditou sentenza contra a cal cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta) que se interpoñerá directamente neste xulgado no prazo de 20 días desde a notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Santander, e cuxo orixinal consta neste xulgado para coñecemento do demandado.

Encontrándose o demandado Antonio González González, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 30 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza