Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 6127

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 2071/15-RCUD 356/15-S).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2071/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 1010/2014 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado/a: letrado do Fogasa

Recorridos: Limpiezas Secope, S.A., Benigno Bretal Laranga

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2071/2015-RCUD 356/15-S desta sala, seguido por instancia do Fogasa contra Limpiezas Secope, S.A., Benigno Bretal Laranga sobre despedimento disciplinario, foi ditada pola Sala IV do Tribunal Supremo sentenza resolvendo o recurso de casación en unificación de doutrina interposto contra a sentenza ditada por esta sala, cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«Decidimos: por todo o exposto, en nome do Rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Avogado do Estado en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) contra a sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (A Coruña), do 8 de setembro de 2015, ditada no recurso de suplicación número 2071/2015, con imposición das custas á parte recorrente.

Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así se acorda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza