Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 6126

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2900/2016).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2900/2016 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Pizarras Las Cuartas, S.A., Pizarras Gallegas, S.A., Couso Cotado, S.A., Pizarras Dimaca, S.A., Pizarras Intradima, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutua MC Mutual, Mutua La Fraternidad Muprespa, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 275, Pizarras Manada Vieja, S.A., Valdemar Berciano Puente, sobre accidente de grao, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou a seguinte resolución o 6.11.2017:

Dispoño declarar desistido o recurso de casación para a unificación de doutrina preparado polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social da Coruña, o 30 de decembro de dous mil dezaseis, no recurso número RSU 2900/16. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que non terá efectos suspensivos respecto ao acordado. Devólvanse os autos de instancia e na peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación. Así o acordo e asino. E para que sirva de notificación en legal forma a Pizarras Las Cuartas, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG). Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza