Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 6128

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 109-16).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 0000109/2016 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra José María Alvariño González, Industrias Generoso Santalla, S.L., administración concursal de Industrias Generoso Santalla (Diego Comendador Santalla) sobre despedimento disciplinario, foi ditada na data 10.10.2017 pola Sala do Social do Tribunal Supremo, a seguinte resolución:

«Fallo:

Por todo o exposto, en nome do Rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Avogado do Estado en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) contra a sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 10 de marzo de 2015, ditada no recurso de suplicación número 109/2016, que resolveu o formulado contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, do 30 de setembro de 2015, ditada nos autos núm. 376/2015, seguidos por instancia de José María Alvariño González contra Industrias Generoso Santalla, S.L., administración concursal e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento. Con imposición das custas á parte recorrente. Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa. Así se acorda e asina.

E para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Generoso Santalla, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza