Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4706

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2017/2017 IP).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2017/2017 IP

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 948/2016. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Antonio García Mestres

Avogado: Pablo Martí Villar

Recorrido: Fernando Solleiro Diz

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2017/2017 desta sección, seguido por instancia de Antonio García Mestres contra Fernando Solleiro Diz, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado Sr. Martí Villar, actuando en nome e representación de Antonio García Mestres, contra a sentenza do dous de marzo de dous mil dezasete do Xulgado do Social número 4 de Vigo ditada en autos 948/2016 seguidos por instancia do recorrente contra a empresa Fernando Solleiro Diz, sobre despedimento e reclamación de cantidade, polo que debemos de confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e a publicación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fernando Solleiro Diz, con último domicilio coñecido na rúa Castreliños, nº 1, Vigo, na actualidade en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza