Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4708

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (730/2016).

Eu, María Pilar Millán Mon, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, anuncio que no presente procedemento ordinario 730/2016 seguido por instancia de Mafari Café, S.L.U. contra José Luis Areal Martínez, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

«Pontevedra, 4 de decembro de 2017

Vistos por min, Mª del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 da cidade de Pontevedra, os autos de xuízo ordinario seguidos co número 730/2016, en virtude de demanda interposta polo procurador Sr. Sanjuán Fernández en nome e representación da entidade Mafari Café, S.L.U., asistida polo letrado Sr. Cuiñas Rodríguez contra José Luis Areal Martínez, en situación de rebeldía procesual, e sobre acción de resolución contractual e reclamación de cantidade.

Decido:

Que, estimando integramente a demanda de xuízo ordinario interposta polo procurador dos tribunais en nome e representación da entidade Mafari Café, S.L.U., debo declarar a resolución do contrato celebrado no día 25 de agosto de 2015 por incumprimento do demandado, José Luis Areal Martínez, e condeno a este a aboar á demandante a cantidade de 3.956 euros en concepto da parte proporcional da cantidade referida na cláusula segunda do contrato e segundo o establecido na oitava deste, a cantidade de 3.000 euros en concepto de cláusula penal segundo o pactado na cláusula oitava moderada e a cantidade de 100,65 euros pola factura debida. Todo isto con condena en custas do demandado.

Así o manda e asina, por esta sentenza, que non é firme e contra a cal se poderá interpor recurso de apelación ante este mesmo xulgado no prazo de vinte días, logo de constitución de depósito monetario na forma e contía que determina a Lei 1/2009, do 3 de novembro, Mª del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza de primeira instancia deste xulgado, do cal eu, o secretario, dou fe».

E encontrándose o devandito demandado, José Luis Areal Martínez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 14 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza