Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4028

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (595/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 595/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Manuel Gomes Amorín contra Proyectos Constructivos del Norte, S.L. (Proconor), Ferrovial Agroman, S.A. e Construcciones López Cao, S.L. UTE, e o Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 595/2015

Demandante: Víctor Manuel Gomes Amorín

Letrado: Sr. Pérez López

Demandados: Proyectos Constructivos del Norte, S.L. (Proconor), Ferrovial Agroman, S.A. e Construcciones López Cao, S.L. UTE e o Fogasa

Sentenza número 599/2017.

A Coruña, 9 de novembro de 2017

Decido:

1. Estimar a demanda formulada por Víctor Manuel Gomes Amorín contra Proyectos Construcciones del Norte, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagar ao primeiro a suma de 7.166,87 euros polos conceptos expostos nesta resolución.

2. Tense por desistido o demandante das súas pretensións contra as empresas UTE Ferrovial Agroman, S.A. e Construcciones López Cao, S.L.

3. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución dentro dos límites previstos no artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Proyectos Constructivos del Norte, S.L. (Proconor), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza