Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4026

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (778/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 778/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Cristina Sagra Calviño contra Zooco Mascota, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 778/2015

Demandante: María Cristina Sagra Calviño

Letrada: Sra. Taibo López

Demandados: Zooco Mascota, S.L. e o Fogasa

Sentenza número 600/2017.

A Coruña, 9 de novembro de 2017

Decido:

1. Estimar a demanda formulada por María Cristina Sagra Calviño contra Zooco Mascota, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagar ao primeiro a suma de 446,28 euros polos conceptos expostos nesta resolución, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

2. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución dentro dos límites previstos no artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Zooco Mascota, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza