Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4030

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (607/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 607/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sebastián Gonzalo Díaz Prieto, Modesto Pérez González contra Industrias Reg-Galicia, S.A., Fogasa, Galicia Mundo Recambio, S.L., sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza número 603/2017.

A Coruña, 10 de novembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 607/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Sebastián Gonzalo Díaz Prieto e Modesto Pérez González, asistidos da letrada Raquel Rodríguez Viéitez, contra Industrias Reg-Galicia, S.A., que non comparece, Galicia Mundo Recambio, S.L., representada polo letrado Luis Andión Cerdeiriña e contra o Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes

Decido.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Sebastián Gonzalo Díaz Prieto e Modesto Pérez González e condeno Industrias Reg-Galicia, S.A. a aboas os demandantes as seguintes cantidades:

– A Sebastián: 15.710,36 euros.

– A Modesto: 49.962,83 euros.

As citadas cantidades producirán o xuro legal desde o 27 de setembro de 2012.

Que debo absolver e absolvo a empresa Galicia Mundo Recambio, S.L. de todas as pretensións deducidas contra ela.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Asinado. Patricia López Arraz.

Publicada no día da data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Reg-Galicia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza