Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4032

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 658/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 658/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Torremar, S.C.R.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral de la Seguridade Social, sobre seguridade social, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza número 606/2017.

A Coruña, 13 de novembro de 2017

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de Seguridade Social con número 658/2015 seguidos ante este xulgado por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, representada pola letrada Alicia Llan Lodos, contra o INSS e a TXSS, representados pola letrada, Victoria Regueira Rodríguez e contra Torremar, S.C.R.L., que non comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes [...]

Decido:

Que debo desestimar e desestimo a demanda presentada pola Mutua Gallega, e absolver a empresa Torremar, S.C.R.L., INSS e TXSS de todas as pretensións deducidas contra ela.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Asinado. Patricia López Arranz. Publicada no día da data. Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Torremar, S.C.R.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza