Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4034

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (817/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 817/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonia Vázquez Fernández contra Tapiz Fogar, S.L., sendo parte o Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade número 817/2015.

Demandante: Antonia Vázquez Fernández.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandada: Tapiz Fogar, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza número 630/2017.

A Coruña, 23 de novembro de 2017.

Decido.

Admito a demanda formulada por Antonia Vázquez Fernández fronte a Tapiz Fogar, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar á primeira a suma de: 2.905,39 euros en concepto de débeda salarial.

O Fogasa deberá de estar ao resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tapiz Fogar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 23 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza