Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4036

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (450/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 450/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Javier Mesías Vázquez contra Prosenorsa, S.L., Segur Ibérica, S.L. administrador concursal de Segur Ibérica, administrador concursal de Prosenorsa e o Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 450/2015

Demandante: José Javier Mesías Vázquez

Letrada: Sra. Eirín Rodríguez

Demandados: Prosenorsa, S.L., Segur Ibérica, S.L., administradores concursais de Prosenorsa, S.L. e Segur Ibérica, S.L. (non comparecen), e o Fogasa

Sentenza número 624/2017.

A Coruña, 16 de novembro de 2017

Decido:

1. Admito a demanda formulada por José Javier Mesías Vázquez fronte a Prosenorsa, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 1.847,74 euros polos conceptos sinalados na declaración de feitos probados máis o xuro do artigo 29.3 do ET.

2. Desestimo a demanda formulada por José Javier Mesías Vázquez fronte a Segur Ibérica, S.L. e, en consecuencia absólvoo de todo pedimento dirixido fronte a ela.

O Fogasa e as administracións concursais das dúas empresas demandadas deberá pasar polo resolto na presente resolución. Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Prosenorsa, S.L. e Segur Ibérica, S.L. en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza