Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4038

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (505/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 505/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Segismundo Alonso Garzón contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., nos cales é parte o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 21 de novembro de 2017

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 505/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Fernando Segismundo Alonso Garzón, representado pola letrada Catherine Rodríguez Martínez, contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., que non comparece, e contra o Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes [...]

Decido

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Fernando Segismundo Alonso Garzón e condeno a empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de 1.479,27 euros.

Coa intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas e Seguridade, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza