Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3717

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (732/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 732/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Segade Abuín contra Entidad Patrimonial, S.L., Ilunion Outsourcing, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Sentencia 535/2017.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 732/2015, seguidos por instancia de Francisco Javier Segade Abuín, asistido polo letrado Sr. Freijeiro Otero, contra Entidad Patrimonial 38, S.L., que non compareceu ao xuízo oral; e contra Ilunion Outsourcing, S.A., representada e asistida polo letrado Sr. Agra Requeijo, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes»,

«Decido.

Que considerando parcialmente a demanda interposta por Francisco Javier Segade Abuín, contra Entidad Patrimonial 38, S.L., e contra Ilunion Outsourcing, S.A., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a Entidad Patrimonial 38, S.L., a aboarlle á demandante a suma de 1.781,43 euros brutos polos conceptos sinalados no feito probado quinto desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución.

2. Debo absolver e absolvo a Ilunion Outsourcing, S.A., das peticións deducidas na súa contra.

3. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá estarse o que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Entidad Patrimonial 38, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza