Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3715

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (189/2017).

JVB xuízo verbal 189/2017

Procedemento orixe: /

Sobre reclamacion de cantidade

Demandantes: Manuel Jesús Fraiz Calvo, María Carmen Fraiz Calvo, Manuel Jesús Fraiz Saa

Procuradores: María Aurora Gosende Gómez, María Aurora Gosende Gómez, María Aurora Gosende Gómez

Avogados: Xosé María Rodríguez Fernández, Xosé María Rodríguez Fernández, Xosé María Rodríguez Fernández

Demandados: Amelia Sabajanes Cazón, Tito Sabajanes Cazón, Dolores Sabajanes Cazón, herdeiros Camila Calvo Cazón, Manuela Martínez Calvo

Procurador/a:

Avogado/a:

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que se ditou sentenza en data do 25 de outubro de 2017 por Berta Vidal Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, nos autos de xuízo verbal nº 189/2017 promovidos por María del Carmen Fraiz Calvo e Manuel Jesús Fraiz Calvo, os que actúan no seu propio nome e dereito e, ademais, en nome e representación de Manuel Jesús Fraiz Saa, representados pola procuradora Aurora Gosende Gómez e asistidos do letrado Xosé María Rodríguez Fernández, contra a comunidade hereditaria de Camila Calvo Cazón, na persoa da súa administradora Manuela Martínez Calvo, Amelia Sabajanes Cazón, Dolores Sabajanes Cazón e Tito Sabajanes Cazón, todos eles en situación de rebeldía procesual.

Contra a devandita resolución cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados a partir do seguinte á súa notificación.

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, polo presente notifícase a Amelia Sabajanes Cazón, Dolores Sabajanes Cazón e Tito Sabajanes Cazón, en paradoiro descoñecido e a quen, así mesmo, se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa personación no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 26 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza