Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3713

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (42/2017).

DCT divorcio contencioso 42/2017

Procedemento orixe: /

Sobre divorcio contencioso

Demandante: María Celia Arca Penas

Procurador: Pedro Antonio López López

Avogada: Marta García Rey

Demandado: José Castelao Calvo

Eu, Demetrio Mato Bartolomé, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución da Estrada, dou fe e testemuño que nos autos de divorcio contencioso 42/2017 consta a sentenza do 21.11.2017, cuxo encabezamento e parte dispositiva din como segue:

«Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia sobre a Muller da Estrada e o seu partido xudicial, os presentes autos de divorcio seguidos co nº 42/2017 seguidos por instancia do procurador dos tribunais Sr. López López, en nome e representación de Mª Celia Arca Penas, asistida pola letrada Sra. García Rey, fronte a José Castelao Calvo, declarado en situación de rebeldía procesual.

Debo estimar e estimo a demanda de divorcio presentada polo procurador dos tribunais Sr. López López, en nome e representación de Mª Celia Arca Penas fronte a José Castelao Calvo, declarado en situación de rebeldía procesual e, en consecuencia, acordándose:

1. A disolución por divorcio do matrimonio contraído entre Mª Celia Arca Penas e José Castelao Calvo, con data do 22 de xullo de 1967, na localidade de Friedrichshafen (Alemaña), con todos os efectos legais que esta declaración leva consigo.

2. A atribución do uso e desfrute da outrora vivenda conxugal sita na rúa Forcarei nº 8 desta localidade a Mª Celia Arca Penas.

Non ten lugar á imposición de custas.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que cabe impugnación mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (ex artigo 455 da LAC). O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da notificación. Para a interposición do recurso, haberá de acreditarse no momento de prepararse o recurso, a consignación do depósito legalmente establecido, na conta de consignacións e depósitos deste xulgado baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso».

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito, estendéndose este edicto para que sirva de notificación en legal sinatura a José Castelao Calvo, actualmente en ignorado paradoiro.

A Estrada, 22 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza