Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3719

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 394/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 394/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Posse Rivera contra Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A., con citación do Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza con número 536/2017, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 394/2017, sobre despedimento, seguidos por instancia de María del Carmen Posse Rivera, asistida polo graduado social Sr. Castro Freire, contra Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A.

Decisión.

Estímase a demanda interposta por María del Carmen Posse Rivera contra Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 3 de maio de 2017 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 46,37 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral, con aboamento á demandante da indemnización de 19.857,24 euros por despedimento improcedente, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial. A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase entenderase que procede a readmisión.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza