Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 726/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel López Mato contra Falcón Contratas e Seguridade, S.A. Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa: «Que estimando integramente a demanda interposta por Manuel López Mato, contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 1.655,75 euros polos conceptos sinalados no feito probado oitavo desta resolución, máis o xuro do artigo 29.3 do ET respecto da devandita suma desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.
Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso (artigo 191.2).
A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.
Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2017
A letrada da Administración de xustiza