Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2284

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3005/2017).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3005/2017

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 553/2016 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Álvaro Vaqueiro Álvarez

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta

Recorridos: Lemos Romero, S.L., Compañía Ibérica de Granitos, S.A., Rocas de Porriño, S.L., AXA Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Generoso González Rodríguez, Ricardo Piñeiro Pena, Ramilo S.A., Granitos del Cantábrico, S.L., Granichan, S.L.

Avogados: Miguel Ángel Cabaleiro Fernández, Fidel Diez Udias, Rogelio González Carracedo, Lino Romero Alonso, Ángel Fernández Argüello

Procuradores: Carolina Moreno Vázquez, Ricardo García-Piccoli Atanes, (…), Xulio Xabier López Valcárcel, María Dolores Neira López

Eu, Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3005/2017 desta sección, seguido por instancia de Álvaro Vaqueiro Álvarez contra Lemos Romero, S.L., Compañía Ibérica de Granitos, S.A., Rocas de Porriño, S.L., AXA Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Generoso González Rodríguez, Ricardo Piñeiro Pena, Ramilo, S.A., Granitos del Cantábrico, S.L., Granichan, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Que con desestimación do recurso interposto por Álvaro Vaqueiro Álvarez, confirmamos a sentenza que con data 13 de marzo de 2017 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 2 dos de Vigo, e pola cal se acolleu en parte a demanda formulada.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Rocas de Porriño, S.L. e Compañía Ibérica de Granitos, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza