Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2282

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3595/2015).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 3595/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 967/2014 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: letrado de Fogasa

Recorridos: administración concursal Pescados Juan Fernández (Diego Comendador Alonso), Rita María Parada Álvarez, Pescados Juan Fernández, S.L.U.

Avogado: Gil Alfonso López Pérez

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3595/2015 desta sección, seguido por instancia de Rita María Parada Álvarez contra Fogasa, administración concursal Pescados Juan Fernández (Diego Comendador Alonso), Pescados Juan Fernández, S.L.U., sobre despedimento disciplinario, se ditou pola Sala do Social do Tribunal Supremo a seguinte resolución:

«Decido: por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu:

1. Desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Fogasa representado e asistido polo avogado do Estado.

2. Confirmar a sentenza ditada o 11 de novembro de 2015 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de suplicación núm. 3595/2015, que resolveu o formulado contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, do 28 de maio de 2015, recaída en autos núm. 967/2014, seguidos por instancia de Rita María Parada Álvarez, contra Pescados Juan Fernández, S.L. (en situación de concurso de acredores, sendo o administrador concursal Diego Comendador Alonso) e Fogasa, sobre despedimento.

3. Impoñer as custas á parte recorrente.

Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así, acórdase e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na Coruña, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza