Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2286

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3276/2014).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3276/2014 desta sección, seguido por instancia de Julia María Piñeiro Mariño contra Fogasa, Televisión de Galicia, S.A. e Producción y Espectáculos de Galicia, S.L., sobre outros dereitos laborais, se ditou pola Sala Cuarta do Tribunal Supremo co fin de resolver o recurso de casación en unificación de doutrina formulado contra a sentenza ditada por esta sala sentenza e auto de aclaración desta cuxas partes dispositivas son as seguintes:

«Decido:

Por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu:

1. Estimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto por Julia María Piñeiro Mariño, representada e asistida polo letrado Javier de Cominges Cáceres.

2. Casar e anular a sentenza ditada o 16 de outubro de 2015 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de suplicación número 3276/2014, que resolveu o formulado contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, de data 19 de febreiro de 2014, recaída en autos número 116/2011, seguidos por instancia de Julia María Piñeiro Mariño, contra Fogasa, Televisión de Galicia, S.A. e Producciones y Espectáculos de Galicia, S.L., sobre cantidade.

3. Resolver o debate en suplicación declarando o dereito que o cómputo do período de antigüidade para os efectos do complemento salarial correspondente ha de iniciarse o 2 de xaneiro de 1995, momento inicial de vixencia do seu primeiro contrato temporal, pero debe descontar o período de interrupción do vínculo laboral que transcorre o 21 de setembro de 2006 e o 24 de outubro de 2007 e entre o 30 de outubro de 2008 e o 23 de outubro de 2009.

4. Non efectuar declaración ningunha sobre imposición de custas».

«Parte dispositiva.

A Sala acorda: rectifícase o erro material detectado no fundamento de dereito terceiro punto 2, e na parte dispositiva, punto 3 da sentenza nº 706/2017 do 21 de setembro, debendo rectificarse este no seguinte sentido:

1. No fundamento de dereito terceiro punto 2, onde di: “que se debe descontar o período de interrupción do vínculo laboral que se produciu entre o 21 de setembro de 2006 e o 24 de outubro de 2007 e entre o 30 de febreiro de 2008 e o 23 de outubro de 2009”, debe dicir: “que se debe descontar o período de interrupción do vínculo laboral que se produciu entre o 21 de setembro de 2006 e o 24 de outubro de 2007 e entre o 30 de outubro de 2008 e o 23 de febreiro de 2009”.

2. Na parte dispositiva, punto 3 da sentenza onde di: “debe descontar o período de interrupción do vínculo laboral que se produciu entre o 21 de setembro de 2006 e o 24 de outubro de 2007 e entre o 30 de febreiro de 2008 e o 23 de outubro de 2009”, debe dicir: “debe descontar o período de interrupción do vínculo laboral que se produciu entre o 21 de setembro de 2006 e o 24 de outubro de 2007 e entre o 30 de outubro de 2008 e o 23 de febreiro de 2009”».

E para que sirva de notificación en legal forma a Producción y Espectáculos de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza