Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1953

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (38/2017).

PO Procedemento ordinario 38/2017

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 284/2016

Sobre ordinario

Demandante: Silvia Fernández González

Avogado: Eduardo Álvarez Álvarez

Demandados: Jorge Alberti Assad, Fruterías Alberti e Hijos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Alberti Assad Distribuciones Alimenticias, S.L.

Avogado: , letrado do Fogasa

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 38/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Fernández González contra Jorge Alberti Assad, Fruterías Alberti e Hijos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Alberti Assad Distribuciones Alimenticias, S.L., sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Silvia Fernández González, contra o empresario individual Jorge Alberti Assad, Alberti Assad Distribuciones Alimenticias, S.L., e Fruterías Alberti e Hijos, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente o empresario individual Jorge Alberti Assad, Fruterías Alberti e Hijos, S.L., Fruterías Alberti e Hijos, S.L., e Alberti Assad Distribuciones Alimenticias, S.L., a aboar á demandante a cantidade de 11.987,28 € brutos por salarios devindicados entre maio de 2015 e o 22 febreiro de 2016, con inclusión de parte proporcional de pagas extras, dos que tería de descontarse a cantidade de 5.550 € líquidos que a traballadora recoñece ter percibido durante o citado período, 886,80 € brutos pola compensación económica por vacacións non desfrutadas no exercicio 2016, e 2.826,09 € brutos por horas extras realizadas no mesmo período, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza. Asinado. Maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jorge Alberti Assad, Fruterías Alberti e Hijos, S.L. e Alberti Assad Distribuciones Alimenticias, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza