Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1951

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (619/2014).

Xuízo verbal 619/2014

Procedemento orixe: /

Sobre outros verbal

Demandante: Calzados Arnedanos, S.A.

Procuradora: Paula Lima Casas

Demandado: Comercial Lucavi, Sociedad Cooperativa

Eu, Francisco Rascado González, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, fago saber:

Que nas presentes actuacións se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son como seguen:

«Sentenza

Xuíz que a dita: maxistrado Lomo del Olmo.

Lugar: Vigo.

Data: 16 de abril de 2015.

Demandante: Calzados Arnedanos, S.A.

Avogado/a:

Procurador/a:

Demandado: Comercial Lucavi, Sociedad Cooperativa.

Avogado/a:

Procurador/a:

Procedemento: xuízo verbal 619/2014.

Decido:

Que estimando a demanda promovida pola procuradora Paula Lima Casas en nome e representación da entidade Calzados Arnedanos, S.A., fronte á mercantil Comercial Lucavi, Sociedad Cooperativa debo condenar e condeno a esta a aboarlle a cantidade de 1.094,14 euros máis os xuros legais correspondentes da data da presente resolución, con imposición das custas causadas.

Advirto as partes que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza pronúncioo, mando e asino».

E dado o ignorado paradoiro da entidade Comercial Lucavi, Sociedad Cooperativa notifícase a esta a través do presente edicto.

Vigo, 23 de abril de 2015

O secretario xudicial