Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1955

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (441/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 441/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Oriente Emilio Romar Moreira contra Ramón Domínguez e Hijos, S.L., sendo parte o Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade nº 441/2015.

Demandante: Oriente Emilio Romar Moreira

Letrado: Sr. Pedreira Candal.

Demandado: Ramón Domínguez e Hijos, S.L.

Letrado:

Fogasa

Letrada:

Sentenza nº 630/2017

A Coruña, 15 de novembro de 2017

Decido:

Estimo a demanda formulada por Oriente Emilio Romar Moreira fronte a Ramón Domínguez e Hijos, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 10.108,70 euros en concepto de débeda salarial máis os xuros do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución e a súa responsabilidade será dentro dos límites legais que procedan.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ramón Domínguez e Hijos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza